O Racing caeu na Malata contra o Tenerife. Un gol en cada tempo dos insulares, anotados por Nacho Gil e Ulloa, no epílogo do encontro, distancian ao conxunto ferrolán da primeiro posto, no que se distancia o máximo favorito para o mesmo. Os galegos non fixeron un partido á altura do que se esperaba para derrotar a un rival cun alto potencial, que se acomodou á súa vantaxe e tivo un partido máis cómodo do que esperaba,
O Racing ten o coiro e o Tenerife as ocasións
O partido comezou con dominio racinguista, que incluso dispuxo dun disparo cruzado de Pascu, que foi invalidado polo colexiado. Malia todo, e por unha perda de Tejera no primeiro cuarto, o Tenerife foi quen puido anotar primeiro. Balde foi o beneficiario, sentou a Edgar cun drible seco, pero non puido superar a Parera, que tapou cos brazos o disparo cruzado do exterior visitante aos oito minutos.
León tampouco fixo dano na estratexia. O central voleou moi alto un saque de esquina lanzado por Nacho Gil e prolongado por Balde. O partido abeiraba o cuarto de hora.
Nacho Gil tamén quería finalizar algunha e o fixo no 20, desde a frontal, cun xute cruzado que lambeu o pau da meta local.
A estéril posesión do Racing enfrontábase a un Tenerife que tiña todo moito máis claro. Así foi no minuto 29, nun disparo en condución de Nacho Gil, que aproveitou o rebote nas pernas dun defensa para completar con outro disparo duro, que bateu na base do pau antes de aloxarse no interior da portería (0-1).
O Tenerife cedeu algúns metros tras o gol, pero o xogo non variou. Enric tamén xutou a rentes do pau no minuto 39, deixando ver o cómodo que se atopaba o seu equipo e as facilidades que daba un Racing impreciso.
En ataque, os locais só existían polo lado esquerdo. Un centro raso de Jairo para Álvaro, puido ser outra cousa se a defensa visitante non tapara o disparo sen permitir que o coiro tivera recorrido. O partido estaba xa no 42. Ao fío do 45, unha cabezada de Concha rozou o pau.
Cando ter a pelota non aporta
Pablo López fixo dúas variacións no descanso. Un dos substituídos foi Chema, que estreaba titularidade. Mardones, un dos novos, tardou oito minutos en poñerse cun amarelo. Pouco antes, Álvaro errara un man a man diante de Dani Martín no que foi a mellor ocasión do Racing da tarde-noite.
No minuto 55, de reviravolta, Enric tentou superar a un seguro Parera, que tapou coas pernas.
Sen ocasións, o Racing foi fechando cada vez máis ao Tenerife, pero as oportunidades seguiron sen aparecer. Pablo López decidiu xogar con dous puntas no derradeiro tramo do encontro e colgar balóns á area ao prescindir de Jairo.
Na primeira que se presentou, Álvaro gañou a Landázuri, pero o coiro dividido, malia que caeu perto de Escobar, acabou lonxe da área. Non houbo outra.
O Tenerife, que non chegara no segundo tempo, anotou o 0-2 logo dun saque de esquina, A prolongación chegou a Ulloa, que mandou un disparo raso e axustado ao quen non chegou Parera.
O Racing, nun partido frouxo, perdeu porque é máis importante ter oportunidades que a pelota mesma.
Ficha
SÁBADO 01/11/2025 (18,30) Campo: A MALATA (6.500)
RACING C. FERROL : 0 – C.D. TENERIFE : 2 (0‑1)
RAC : Parera; Leal (Mardones D), Edgar, Chema (Saúl D), Álvaro Ramón; Gorostidi, Tejera (Gelardo 61’), Jairo (Escobar 80’); Concha (Azael 65’), Álvaro, Pascu. Tre. Pablo López. (Banco: Lucas (g); César (g); Artetxe; David; Peña; Álvaro Juan; Dacosta).
TEN : Dani Martín; David (Zollo 80’), León, Landázuri, César; Nacho Gil, Aitor Sanz, Juanjo (Ulloa 74’); Balde (Noel 61’), Enric (Jesús 74’), Dani Fernández (Alassan 61’). Tre. Álvaro Cervera. (Banco: De Vuyst (g); Maikel; Fabricio; Fan Sabina).
Goles: 0-1 Nacho Gil 29’; 0-2 Ulloa 90’.
Árbitro: Rodríguez Recio (Madrid). Auxiliares: Murciego Cabezas e Campelo Núñez. 4º árb.: Ruiz Martín.
Disciplina: CA: Juanjo 12’; Chema 26’; Tejera 52’;Mardones 53’; David (T) 72’.
Foto: Concha querendo fuxir de David. © 21noticias.com