Nicole Grueira Grueira lembra que o goberno local de Lino Rodríguez aprobou esta subida a finais de 2024 “froito da súa nefasta xestión económica” e denuncia que “en Pol cada vez pagamos máis impostos e cada vez temos menos servizos”.
A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, denuncia que “as facturas da auga están chegando ás casas con importantes subasimportantes”, situación que “está a provocar un importante descontento entre os veciños”.
Nicole Grueira lembra que o goberno local de Lino Rodríguez aprobou esta subida a finais de 2024 “froito da súa nefasta xestión económica” e denuncia que “en Pol cada vez pagamos máis impostos e cada vez temos menos servizos”.
“Pagamos, pero non recibimos. Esa é a realidade da nefasta xestión do alcalde, Lino Rodríguez”, subliña a voceira popular.
Desde o PP de Pol reclaman ao rexedor que dea explicacións aos veciños e rectifique “esta política de afogo fiscal, que está a afectar especialmente ás familias e ás persoas maiores con pensións baixas”.
Grueira conclúe asegurando que o Partido Popular continuará defendendo o interese dos veciños de Pol, esixindo unha xestión responsable e transparente dos recursos municipais para que os veciños poidan desfrutar de servizos municipais de calidade “algo que agora non está a suceder”.
Dende o Grupo Municipal Popular recordan algunhas das subas impositivas que están a sufrir os veciños:
– Auga: a tarifa fixa pasa de 3€ a 15€, unha suba dun 500%
– Uso gandeiros: pasa de 5€/mes a 20€, un aumento do 300%
– Vivenda: pasa dos 22€ ao trimestre a 30€ na actualidade, un incremento do 66,67%
Nicole Grueira recorda ademais que os veciños de Pol xa tiveron que asumir unha suba de 8 euros (de 22 a 30€) no recibo do lixo por mor da nefasta xestión económica do Concello realizada por Lino Rodríguez, un aumento que xa se fixo efectivo para todos os veciños de Pol.