Do 20 ao 21 de novembro, a capital galega acolle a IVedición do Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación Contra o Cancro ASEICA-ASPIC.
A Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), en colaboración coa Associação Portuguesa de Investigação em Cancro (ASPIC), celebra este ano o seu IV Congreso Internacional na Escola Superior Técnica de Enxeñería de Santiago de Compostela. O encontro científico, que estima unha participación de 400 asistentes, reunirá os días 20 e 21 de novembro aos mellores expertos nacionais e internacionais en investigación oncolóxica para presentar os últimos avances no coñecemento, diagnóstico e tratamento do cancro.
Baixo o lema «Novas terapias e desafíos, da básica á clínica», o encontro científico será inaugurado polo Dr. Rafael López, investigador líder do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do IDIS (Oncomet), xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do CHUS e presidente de ASEICA. No acto de apertura acompañarano Joana Paredes e Marisol Soengas, investigadoras e expresidentas de Aseica; seguidas da intervención do prestixioso Dr. Jun Wang, profesor do Departamento de Patoloxía da Universidade de Nova York e do Centro Oncolóxico Laura e Isaac Perlmutter de Langone Health, quen impartirá unha conferencia maxistral sobre inmunoloxía e inmunoterapia oncolóxica.
O programa preliminar dispoñible na web de ASEICA, divídese en tres sesións que se desenvolverán ao longo de dous días: «Biespecíficos e células CAR-T», «ADC e nanomedicina» e «Vacinas». Estas conferencias abordarán as oportunidades actuais en oncoloxía a través da investigación en inmunoterapia, o futuro e presente das terapias dirixidas ADC e CAR-T ou a mellora dos tratamentos a través de nanomedicamentos e nanovacunas, entre outros temas de interese que tratarán os distintos relatorios maxistrais.
Neste sentido, profesionais e investigadores internacionais de España e Portugal de primeironivel compartirán os avances máis recentes en oncoloxía na capital galega co fin de xerarsinerxias, fortalecer a investigación ibérica sobre o cancro e debater sobre os retos presentes efuturos da oncoloxía. Ademais, as persoas asistentes poderán participar nunha cea oficial no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, o xoves 20 de novembro, a partir das 20.00 horas.
Comprometidos coa investigación
Nada en 1983, a Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA) é unhasociedade científica que agrupa a máis de 1.700 investigadores líderes en cancro. O seuobxectivo é promover a investigación do cancro e a divulgación científica entre os profesionaisdedicados á Oncoloxía.
Cunha perspectiva traslacional, ASEICA converteuse nun punto de encontro entre investigadores básicos e clínicos, dende mozos predoutorais ata investigadores senior, co fin último de atopar as mellores solucións para a abordaxe da enfermidade. A asociación colabora activamente con outras organizacións de investigación tanto nacionais como internacionais, fortalecendo estes lazos con outras sociedades científicas españolas e europeas.
Consulta o programa científico para o IV Congreso Internacional ASEICA-ASPIC https://www.aseica.es/iv-aspic-aseica-international-meeting?utm_source=chatgpt.com