Víctor Fábregas volve á TVG coa versión 2.0 DE ‘sen código postal’

Acompáñao nesta nova aventura por Galicia a coñecida influencer cubana Anita Mateu que está a aprender galego e que dará a coñecer o máismediático do concello a visitar.

O carteiromáis querido da Televisión de Galicia está de volta. Víctor Fábregas regresa á TVG con Sen Código Postal 2.0’, unha versión renovada do exitoso formato que conquistouao público polo pola súa retranca e humor.

Como xa é habitual, Víctor percorrerá Galicia na súabicicleta e co seu clásico uniforme de carteiro á procura dun anfitrión que lle amose a súa vila. A proposta que llefai a cada veciño é sinxela pero apaixonante: descubrir o máis característico, o máis sorprendente, o máisdescoñecido e o máis simpático do seu concello. O anfitrión gaña así o recoñecemento de embaixador da súavila.

Pero nesta nova tempada, o carteiro non viaxa só. A coñecida ‘influencer’, Anita Mateu, únese á aventura para achegar unha ollada diferente e contemporánea: ela será a encargada de atopar o máis mediático e viral das vilasvisitadas, convertendo cada parada nunha viaxe chea de emoción e descubrimentos.

Primeiro destino: Narón

O primeiro programa desta nova etapa lévanos a Narón, onde Víctor e Anita descubrirán os segredos máisagochados da vila. Víctor, acompañado de Simón Cabarcos, técnico de prevención, visitará lugares emblemáticos como muíño de Xuvia, a ruta Ártabra, a fonte do Chocho e Pena Molexa.  Pola súa banda, Anita centrarase no aspecto máis mediático da zona, descubrindo o quilómetro cero do Camiño Inglés, un punto cheo de simbolismo e atractivo turístico.

Sen Código Postal 2.0’: unha nova viaxe con corazón galego

Esta versión 2.0 do formato mantén o espírito do programa orixinal, pero dá un paso máis aló: máis interacción, máisemoción e máis Galicia. Un espazo que mestura entretemento, turismo e sentimento, amosando a riqueza cultural, patrimonial e humana das nosas vilas, sempre coa complicidade e o humor de Víctor Fábregas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios