Grueira salienta que “sen o apoio da Xunta de Galicia estes traballos non se poderían ter realizado, polo que reiteramos o noso agradecemento pola colaboración e o compromiso coa mellora do noso concello”.
A voceira municipal do PP de Pol, Nicole Grueira, destaca “o apoio económico da Xunta de Galicia de máis de 61.000€ para o desenvolvemento de traballos de desbroce de máis de 177 hectáreas en distintos puntos do municipio”.
Grueira subliña que “grazas a este importante investimento foi posible que durante os últimos meses os camiños e vías municipais estiveran limpas, mellorando así a seguridade viaria e a imaxe do noso entorno rural e reducindo a maleza para contribuír a previr a propagación de posibles incendios”.
A portavoz do PP de Pol salienta que “sen o apoio da Xunta de Galicia estes traballos non se poderían ter realizado, polo que reiteramos o noso agradecemento pola colaboración e o compromiso coa mellora do noso concello”.
A Consellería de Medio Rural asinou co Concello un convenio para os 2025 e 2026 por valor de 61.950 euros para cada unha das anualidades para a realización de tratamentos preventivos de xeito mecanizado.