Besteiro sitúa ao PSdeG como o «dique democrático» fronte á «onda reaccionaria»

O líder socialista, José Ramón Gómez Besteiro, criticou que Alfonso Rueda “deixou de exercer como presidente de Galicia para converterse nun peón do guión político de Feijóo”, asumindo discursos e posicións que rompen pactos básicos como o consenso contra a violencia machista e que alimentan a división social

Reivindicou que o PSdeG completou o seu ciclo de renovación e está centrado en despregar propostas e presenza en todo o territorio, mirando xa ás eleccións municipais de 2027: “Vexo proxectos sólidos onde gobernamos e alternativas crecientes onde aínda non o facemos. Estaremos á altura

Advertiu de que o avance da ultradereita en España e en Europa está arrastrando tamén ao PP “a posicións cada vez máis radicais”, nun contexto no que “a barbarie internacional se converteu nun ruído de fondo” e no que a política precisa máis que nunca “claridade, serenidade e compromiso democrático

Besteiro anunciou que celebrará un Consello de Alcaldes e Alcaldesas antes de que remate o ano para “tomar decisións  que protexan de verdade os servizos públicos”

O Comité Nacional ratificou por aclamación a renovación da comisión de listas

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios