Custou o seu facerse cos tres puntos para as líderes camariñanas, mermadas de efectivos e cun partido de mínimos sen brillo nin demasiadas ocasións, aínda que si de dominio claro ante un Ponteceso que apenas pisaba área contraria, sobre todo na primeira metade, incapaces de traspasar o mediocampo.
Os goles chegarían no segundo tempo, con Laura Paredes adiantando ás azuis pouco despois da volta de vestiarios, máis incisivas e despostas a ir por unha vitoria que se alonxaba de novo cun penalti que poñía a igualada no marcador. A entrrada da capitana Paula, no banco por molestias físicas, mudou o encontro porque sería a ela, nos postreiros minutos de partido a quen farían un penalti despois dunha internada na que xa encaraba portería. A xove Yara sería quen o transformaba para ese 1-2 final que deixa patente que, pese a non ser o mellor día, foron capaces igualmente de saír triunfantes, algo ao alcance de poucos equipos.
Fotografía. Sefy