Un regalo de Fermín e Ismael, que Escobar non desaproveitou, deu ao Racing os tres puntos no partido contra o Zamora. Os galegos venceron fácil, fronte un Zamora de pouca proposta ofensiva. O diletante Cano poderá escudarse en xogar todo o segundo tempo con dez, pola expulsión de Carbonell, pero nin nas substitucións finais deu sensación de inventar solucións para evitar a derrota.
Un agasallo
Non foi un partido brillante. O Racing sabía que gañando volvía ao segundo lugar e fixo o xusto. Adiantouse aos 24 minutos. A banda esquerda foi moi vertical. Pascu chegou perto da liña de fondo para colocar un centro á frontal da área pequena. O balón parecía fácil para Fermín, que non chapou, Escobar molestou ao ver que a pelota pegaba no peito de Ismael e ficaba sen dono, recolleuna e cruzou á rede por ser o máis listo e o máis rápido.
Aos 28 minutos puido empatar o Zamora. Javi Eslava arrancou con espazo polo centro, a súa lentitude obrigoulle a atopar apoio en Kike Márquez, que ao verse presionado abriu na área para Merchán. O lateral preparou o disparo, pero Parera, tapou antes de verse beneficiado polo rebote.
Merchán volveu probar a Parera aos 35 minutos cun disparo con bote desde o bico da área. O meta racinguista detivo con seguridade.
Ao fío do descanso, Jairo chutou perto da trabe un libre directo. Non remataran as incidencias porque xiusto antes do asubío do descanso, Carbonell foi expulsado nunha acción ofensiva. Quixo rematar de chilena unha falta lateral prolongada e acabou pateando a Perera. O ex do Ourense xa tiña un amarelo.
Nada
Cano non modificou o equipo e volveron os dez que remataran o primeiro acto. O partido non tivo historia. Choiva, frío e gañas de volver a casa. Non houbo remates a paus. A única ocasión foi no prolongamento, cando nunha falta en tres cuartos foi cabeceada por Artetxe ao segundo pau, e a Pascu faltoulle un centímetro para deixar a pelota na rede.
Ficha
DOMINGO 16/11/2025 (18,45) Campo: A MALATA (4.537)
RACING C. FERROL : 1 – ZAMORA C.F. : 0 (1‑0)
RAC : Parera; Leal, Zalaya, Chema (Artetxe 88’), Álvaro Ramón (Mardones 71’); Peña (Gelardo 71’), Tejera, Jairo (Azael 75’); Álvaro Juan, Escobar (Álvaro 75’), Pascu. Tre. Pablo López. (Banco: Lucas (g); César (g); Gorostidi; David; Concha; Dacosta).
ZAM : Fermín; Lucero (Sergi López 83’), Luismi, Ismael, Miki Codina, Merchán (Clavería 88’); Carbonell, Ramos (Álvaro Romero 88’), Markel Lozano, Kike Márquez (Monerris 83’); Javi Eslava (Farrell 62’). Tre. Óscar Cano. (Banco: Pereda (g); Ruiz; Mario García; Sancho).
Goles: 1-0 Escobar 24’.
Árbitro: García Gómez (Estremadura). Auxiliares: Prat Hernández e Rodríguez de Juan. 4º árb.: Alonso Luíña.
Disciplina: CA: Markel Lozano 5’; Kike Márquez 41’; Álvaro Ramón 45’; Mardones 81’; Álvaro 90’ / Ramón Verdú (2º tre. ZAM) 45’ // DA: Carbonell 39’ e 45’.