Finaliza a 4ª edición da Universidade Sénior en Arteixo

O mércores 19 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar na Universidade Sénior da Coruña o acto de clausura e entrega de diplomas da última edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña e dirixido a persoas maiores de 50 anos de Arteixo. Nesta edición, preto de 70 participantes formaron parte desta iniciativa educativa.

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, puxo en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co Concello de Arteixo, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores da comarca, que se desenvolveu na Capela do Balneario de Arteixo, durante os meses de outubro e novembro.

Un total de 68 persoas maiores de 50 anos inscribíronse para participar neste programa, que finalizará omércores 19 de novembro, cunha completa xornada de visitas culturais e actos académicos que abrangue as visitas ao Castro de Elviña, ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, a visita ao Aquarium Finisterrae, e unha clase maxistral sobre actividade física nas instalacións da Universidade Sénior na Coruña, no edificio Normal (Paseo de Ronda, 47)

Ás 19:00 horas, terá lugar o habitual acto de entrega de diplomas, coa presencia da directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez; e maila concelleira concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Inés Ramos Álvarez.

Con esta iniciativa, a Universidade Sénior continúa achegándose un ano máis á poboación maior de Arteixo, respondendo ás súas inquedanzas e necesidades formativas desde a primeira edición do Programa de Democratización do Coñecemento, en 2018.

Comparte éste artículo
No hay comentarios