Música e danza en directo a cargo do alumnado, profesorado e convidados do centro para celebrar co público o Día Internacional da Música e honrar á súa patroa.
Novembro sempre trae unha data moi especial para o Conservatorio Mayeusis: Santa Cecilia, patroa dos músicos, coincide co Día Internacional da Música. É por isto que profesores e alumnos estanse a preparar para festexar unha Semana Grande de concertos.
O Conservatorio Mayeusis, con máis de 35 anos de percorrido, volve a abrir o seu auditorio a toda a cidadanía que desexe asistir como público e vibrar coa música e a danza das actuacións programadas para tan especial acontecemento.
Tres concertos vertebran a celebración:
● Mércores 19 ás 19:00 h – O alumnado do Conservatorio Mayeusis de Pontevedra visita o centro de Vigo para ofrecer un concerto de unión ante tan importante data.
● Xoves 20 ás 20:00 h – Concerto do alumnado e convidados do Conservatorio Mayeusis de Vigo, estudantes das ramas de danza, piano, corda, canto e outras especialidades instrumentais.
● Venres 21 ás 21:00 h – Concerto a cargo de profesores e convidados do Conservatorio Mayeusis no que se porá o broche de ouro á Semana Grande de Santa Cecilia con música e danza.
As interpretacións percorrerán diferentes épocas e estilos: dende sonatas barrocas de A. Vandini, pasando pola bossa nova de Tom Jobin ou o R&B de Alicia Keys, ata actuacións de danza a ritmo de Frank Sinatra.
Todas as actividades están abertas ó público e terán lugar no Auditorio da Fundación Mayeusis, na Rúa Areal 138 (Vigo). A entrada é libre ata completar capacidade.
DATOS DOS EVENTOS:
● Concerto a cargo do alumnado do Conservatorio Mayeusis de Pontevedra:
Lugar: Auditorio da Fundación Mayeusis (Areal 138, Vigo). Día e hora: 19 de novembro ás 19:00 h.
Entrada: Entrada libre ata completar capacidade.
● Concerto a cargo do alumnado do Conservatorio Mayeusis: Lugar: Auditorio da Fundación Mayeusis (Areal 138, Vigo).
Día e hora: 20 de novembro ás 20:00 h.
Entrada: Entrada libre ata completar capacidade.
● Concerto a cargo do profesorado do Conservatorio Mayeusis: Lugar: Auditorio da Fundación Mayeusis (Areal 138, Vigo).
Día e hora: 21 de novembro ás 21:00 h.
Entrada: Entrada libre ata completar capacidade.
Que celebramos? Semana Grande de Santa Cecilia.
Por que o celebramos? En novembro coinciden o Día Internacional da música e o día da patroa dos músicos, Santa Cecilia.
Cando o celebramos?
● Mércores 19 de novembro ás 19:00 h – Concerto a cargo do alumnado do Conservatorio Mayeusis de Pontevedra.
● Xoves 20 de novembro ás 20:00 h – Concerto e actuacións de danza a cargo do alumnado de Mayeusis Vigo.
● Venres 21 de novembro ás 21:00 h – Concerto e actuacións de danza a cargo do profesorado de Mayeusis Vigo.
Onde o celebramos? No Auditorio da Fundación Mayeusis, rúa Areal 138, Vigo. A quen vai dirixido? A tódalas persoas amantes da música e a danza en directo. Necesítase reservar entrada? A entrada é libre ata completar a capacidade. Quen organiza? O Conservatorio Mayeusis de Vigo.