O alcalde de Ourense e a Sra. Conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia anuncian o primeiro «Refugio climático de Ourense»,
que alegria!!! mais a realidade e que seguen desfacendo o Xardín Histórico do Posío (imaxes destes días nas que a zona que era «O Bosque» convertirona nunha explanada coa eliminación de árbores históricas, con maquinaria pesada apisonando o solo, co aparcamento de deceas de coches no que antes era espazo verde, co formigonado ao chou e a impermeabilización da terra na que había vexetación…).
As outras imaxes son do (18-11-2025) na Rúa Camiño Caneiro coas decapitacións dos «plátanos de sombra» pola empresa «Misturas» empresa a que lle entregaron os parques e xardíns da cidade, que tristeza!!!
Dispendio de diñeiro público en estragar o pouco verde co que conta a cidade de Ourense mais o Sr. Pérez Jácome e maila Srá. Conselleira Dna. Ángeles Vázquez anuncian que Ourense contará co primeiro refuxio climático…
Son negacionistas que ao non ter a súa conciencia tranquila minten e enganan. Son arboricidas e especuladores do patrimonio e os recursos públicos que nin saben, nin lles interesa saber o que son os refuxios climáticos nin o desenvolvemento sustentable.
Non teñen perdón!!! 🌱🌳