Las Migas, recentes gañadoras dun Latin Grammy, actuarán na Coruña

A única presentación en Galicia deste traballo terá lugar o próximo domingo 30 de novembro no Teatro Colón de A Coruña..

Las Migas aterrarándende Miami coa súa xira estatal no Teatro Colón daCoruña tras recibir o seu segundo Latin Grammy. Será o próximo domingo 30 de novembro, e as súas entradas están xa dispoñibles en entradas.ataquilla.com. A xa considerada como unha das formacións máis exitosas e influentes do flamenco nos últimos anos trasladará ao directo o seu disco “Flamencas”, co que acadaron o seu segundo Latin Grammy a “Mellor Álbum de Música Flamenca”, xunto a algúns dos temas que marcaron a súa carreira. Tras 20 anos sobre as táboas, nos que se alzaron con, precisamente, dous Latin Grammy e colleitaron ata 4nominacións aos mesmos, o cuarteto emprende a súa xira de teatros e auditorios tras o lanzamento do seu novo álbum.  Seis discos de estudo, concertos en máis de 50 países e galardóns como dous Premios MIN ou un Premio +Músicas amparan unha das carreiras máis destacadas dentro do xénero.

O grupo composto por Paula Ramírez (voz), Marta Robles(guitarra e voz), Alicia Grillo (guitarra e voz) e Laura Pacios (violín e voz) continúa amosando que o flamenco ten novas voces, novas formas e unha enerxía feminina capaz de transcender fronteiras. “Flamencas”, novo traballo discográfico, supón un vibrante regreso á orixe máis pura e tradicional do xénero, sen deixar atrás a personalidade e frescura que as consolidou como unha das propostas máis destacadas e recoñecidas do flamenco contemporáneo a nivel internacional. 

Este novo traballo configúrase como unha evolución dasúa linguaxe: unha homenaxe á pureza do flamenco, interpretado dende unha ollada fresca, libre, contemporánea e empoderada. Cante, toque e compás conviven con arranxos coidados e unha sensibilidademoderna, ademais dunhas poderosas letras onde o cuarteto intenta derrubar estereotipos clásicos masculinos doflamenco cunha proposta en directo cun demoledordiscurso visual, que buscará arrincar as ovacións dopúblico coruñés.

En paralelo ao éxito discográfico, Las Migas continúan coa súa xira internacional Flamencas Tour, que durante 2025 percorreu escenarios de EuropaÁfrica e Asia, con paradas en LondresTúnezSuízaTurquíaBulgaria ouEmiratos Árabes Unidos, ademais dos principais teatros e festivais españoles como o Palau de la Música Catalana no Festival de Jazz de BarcelonaLa Rambleta de Valencia ou o Gran Teatro Príncipe Pío de Madrid. En 2026 a xira seguirá dando a volta ao mundo coas tours en Estados UnidosEuropa e América Latina.

TOUR FLAMENCAS 2025

20.11 Barcelona – Palau de la Música Catalana

29.11 Tenerife – La Noche en Blanco de La Laguna

30.11 A Coruña – Teatro Colón

04.12 Valencia – La Rambleta

13.12 Emiratos Árabes – Al Noor Island

19.12 Cuenca – Auditorio Jose Luis Perales

30.12 Almería – Plaza Vieja

Comparte éste artículo
No hay comentarios