O BNG de Castroverde manifesta a súa preocupación pola continuada deficiencia na atención médica

Iria Castro “ En Castroverde non podemos ser cidadáns de segunda, esiximos unha atención médica digna”

Dende o BNG queremos manifestar a nosa preocupación pola situación que estamos a vivir dende hai tempo no centro de saúde local. Hoxe o municipio permanece sen médicos de atención primaria, o que obriga a desprazamentos forzosos a outros puntos da comarca e deixa sen cobertura sanitaria adecuada a persoas maiores, pacientes crónicos e familias sen posibilidade de moverese.

Esta non é unha incidencia puntual. Durante a semana pasada houbo tamén varios días nos que non se contou con médico de garda, xerando tempos de espera inasumibles, cancelación de consultas e unha total incerteza entre os pacientes e alén diso, tampouco houbo días en que non houbo pediatra.

Iria Castro denuncia que “levamos varios anos con problemas para cubrir as baixas ou vacacións dos médicos e pediatra, isto non é un caso illado e hai que poñerlle remedio antes das vacacións de Nadal, momento en que nos atoparemos ca mesma situación. Non podemos ser cidadáns de segunda, esiximos unha atención médica digna”.

Por iso imos levar unha moción no vindeiro pleno reclamando que dende o pleno do Concello se lle esixa á Xunta de Galiza que non deixe a Castroverde sen atención médica.

O acceso a unha atención sanitaria digna é un dereito básico e solicitamos ó Sergas é A Xunta que se adopten medidas urxentes para garantir a cobertura médica permanente, especialmente nun concello rural onde hai un alto índice de xente maior con dificultade de desprazamento ata o HULA. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios