In The Corner 21 de novembro, 2025

por Daniel

O episodio dá protagonismo a Fran Alonso, técnico do Deportivo. O equipo galego de Primeira quebrou as sete xornadas sen gañar anotándose o partido contra o Levante UD, que para Fan Alonso era unha final.

Tamén foi unha xornada importante para At. Villalonga. Un punto en oito xornadas representaba un dato terrible, que comezou a corrixirse co triunfo no campo do Bizkerre. Romina Dadín falou deste proceso, do partido e do que pode ser o do Burgos. Mentres, o Celta mantén o liderado e o Deportivo B non puido axudar ás celestes tras perder en Mabegondo contra o Athletic B. Para falar da Terceira tivemos no estudio a Marta Cascón, terceira mellor anotadora do grupo, que abriu o partido no que o seu Victoria superou ao Orzán no derbi coruñés. O conxunto capitalino leva dúas vitorias de prestixio e a goleadora nos fala desa mudanza.

Tamén contamos coas palabras de Arturo Fernández, que nos fala do Domaio e de Chivi García, director deportivo do Victoria de Samtiago. Domaio e Victoria enfrontáronse hai dúas xornadas e o primeiro reclamou aliñación indebida. Tamén abordamos a reclamación.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios