Durante o programa poderemos ver lugares tan emblemáticos como a praia Grande de Miño, o bar Camiño e Vida, o muiño Viente de Boucelo ou a Senda dos Sentidos.
O programa máis viaxeiro da Televisión de Galicia, ‘Sen Código Postal’, continúa a súa ruta polos concellos galegos. Nesta ocasión, o vindeiro domingo, o carteiro máis coñecido da TVG e a ‘influencer’ Anita Mateu chegan ata o concello de Miño, nunha entrega chea de humor, descubrimentos e encontros coa súa xente.
Víctor percorre o municipio na procura dos segredos máis agochados da vila xunto a Mari Crespo, cronista oficial da vila. Con ela visita a praia Grande de Miño que, co seu extenso sistema dunar protexe a zona de marismas e alberga unha gran riqueza de flora e fauna. Logo fan unha parada no bar ‘Camiño e Vida’, un marabilloso lugar frecuentado por peregrinos que forma parte do proxecto Estrelas do Camiño. Coñeceremos o muíño Viento de Boucelo, catalogado no Centro Nacional de Muíños de Vento de España. Por último, visitaremos Ponte do Porco, un remanso de paz no Camiño de Santiago. Pola súa banda, Anita buscará o máis mediático que, nesta ocasión, é o banco ‘A senda dos sentidos’, una paraxe natural e zona de especial conservación que conta cun dos bancos más bonitos de Galicia.
Víctor Fábregas e Anita Mateu mergúllanse na esencia de Miño: os seus camiños, o seu patrimonio, as súas festas e a calidez das persoas que o habitan. Todo isto, con ese ton fresco e próximo que caracteriza o programa.
Sen Código Postal 2.0’: unha nova viaxe con corazón galego
“Sen Código Postal’ é unha produción da Televisión de Galicia que cada semana percorre un novo concello co obxectivo de poñer en valor o territorio, a cultura e a vida cotiá das galegas e galegos. Esta versión 2.0 do formato mantén o espírito do programa orixinal, pero dá un paso máis aló: máis interacción, máis emoción e máis Galicia. Un espazo que mestura entretemento, turismo e sentimento, amosando a riqueza cultural, patrimonial e humana das nosas vilas, sempre coa complicidade e o humor de Víctor Fábregas e a súa nova compañeira, a ‘influencer’ Anita Mateu.
Que bella y profesional es mi hija. Que feliz me siento por su dedicación y esfuerzo en ese bello país.