Xosé Merelles inaugura o I Congreso de Vivendas de Uso Turístico (VUT) e destaca o carácter pionerio de Galicia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inaugurou esta mañá o I Congreso sobre Vivendas de Uso Turístico (VUT), celebrado en Sanxenxo e organizado pola Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (AVITURGA).

Na súa intervención, Merelles puxo en valor o carácter pioneiro de Galicia na regulación deste tipo de aloxamentos. Recordou que o decreto autonómico publicado xa en 2017 non só regulaba as VUT, senón que tamén habilitaba explicitamente a concellos e comunidades de veciños para poder ordenalas nos seus respectivos territorios.

O director de Turismo salientou tamén a importancia da fórmula asociativa para acadar obxectivos comúns e eloxiou o labor de AVITURGA.

Ademais, Merelles fixo fincapé na colaboración fluída entre a Xunta de Galicia e a entidade, que permite:

  • Organizar actividades formativas para mellorar o servizo e a atención ao cliente.
  • Manter a normativa actualizada para o correcto funcionamento do sector.
  • Sincronizar e impulsar o uso de novas aplicacións dixitais de rexistro de viaxeiros, facilitando o envío único dos datos dos visitantes que operan en Galicia.
Comparte éste artículo
No hay comentarios