O Congreso aproba a proposta do PP para iluminar a rotonda de Nadela e humanizar a travesía malia a abstención do PSOE

O Congreso dos Deputados aprobou esta mañá a Proposición non de Lei presentada polo Grupo Popular para instar ao Goberno de España a mellorar a iluminación na entrada a Lugo por Nadela e humanizar a travesía deste núcleo.

A iniciativa contou co apoio de 18 deputados (PP, Vox e Grupo Mixto –BNG–), fronte ás 17 abstencións (PSOE, Sumar, ERC e Junts). Isto supón que o PSOE evitou posicionarse a favor dunha reclamación que afecta directamente á seguridade viaria dos lucenses.

A encargada de defender esta PNL foi a deputada Cristina Abades quen salientou que “Lugo non pide privilexios, pide igualdade. E igualdade é ter estradas seguras, ben iluminadas e en bo estado, como ten calquera outra provincia española”.

A popular subliñou que esta iniciativa “non nace dun debate político, senón da demanda directa de veciños, transportistas … que levan anos reclamando unha intervención urxente en rotondas como a de Nadela, accesos como o da N-VI, así como nos tramos estatais que dan acceso a capital da provincia de Lugo”.

Esta mesma proposta debátese este xoves no Pleno municipal. E aquí xorde a pregunta: Votarán PSOE e BNG do mesmo xeito que fixeron en Madrid.  Veremos se en Lugo tamén hai discrepancia entre os socios ou se, como acontece no Congreso, cada quen fai unha política distinta.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios