PP de Lugo. No pleno deste xoves volvemos a dar voz á veciñanza de barrios e parroquias de Lugo

Iluminación da rotonda de Nadela e humanización da travesía.- Reclamamos a iluminación da rotonda de Nadela. Non é só unha cuestión estética: é unha entrada principal a Lugo e hoxe dá unha imaxe insegura e impropia dunha capital de provincia. Hai que mellorar a visibilidade e garantir a seguridade viaria.

Camiño de Santiago en Lugo con seguridade e protección. – Pedimos que o Concello adopte medidas urxentes para garantir a seguridade dos tramos do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, atendendo ás demandas dos veciños e dos peregrinos, e protexendo un dos nosos maiores patrimonios culturais e turísticos.

 Saneamento e abastecemento para Esperante e Calde.- Solicitamos desbloquear o convenio, que xa conta con dotación orzamentaria da Xunta (4,7M€ en 2026), para levar saneamento e abastecemento a Esperante e Calde. Son servizos básicos que os veciños levan anos reclamando e que seguen sen resposta por parte do goberno local.

Saneamento e abastecemento Ombreiro.- Reclamamos que se aproveiten as obras da senda peonil de Ombreiro  que vai levar a cabo a Xunta (tramo Ponte de Ombreiro e Torre de Riazón) para que o concello dote de saneamento e o abastecemento, polo menos nos tramos onde se vai intervir. Esta solicitude preséntase dado que o proxecto está en fase de redacción polo que se podería incorporar esta intervención.

PREGUNTAS E ROGOS

Convivencia e botellón.- Ten previsto o Goberno local adoptar medidas concretas para reducir os problemas de convivencia e seguridade derivados do botellón en zonas sensibles como a contorna da Catedral ou o Parque Rosalía? Contemplan algún tipo de intervención preventiva ou de control?

Actualización do convenio co Colexio de Xestores
En que punto se atopa a actualización do convenio co Colexio de Xestores Administrativos, acordada por unanimidade hai un ano. Esta modificación favorecería e axilizaría tramitacións que fan estes profesionais.

Cambio dos contadores de auga: despois dun traballo coordinado coa Asociación de profesionais e coas comunidades de veciños, nos tememos que ao ampliar a prórroga da normativa estatal para modificar estes dispositivos ata 2027, o goberno local volva a meter o tema do cambio destes dispositivos nun caixón.

Asemesmo preguntamos cando se van a levar a cabo as peticións que presentou a veciñanza de Casás con melloras para o barrio e que se acordaron en pleno. Reclamaban accesos seguros para ambulancias e emerxencias, identificar a zona de forma correcta e protección do tendido eléctrico entre outras.

 Tamén solicitamos información sobre varias cuestións relativas a melloras de infraestruturas deportivas como a da pista das Pedreiras así como a situación de pistas na zona rural como a de Agro do Granxeiro; asemesmo reclamamos que se planifique o saneamento e abastecemnto na parroquia de Bascuas e petición para instalar marquesina de autobuses en San Xoán do Alto.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios