PPdeG carga contra o BNG no 25N: «Preferiron a división e a polarización» fronte á sede do partido en Santiago

Desde o PPdeG queremos condenar do xeito máis rotundo e enérxico os intolerables feitos que se produciron hoxe no exterior da sede do PP de Santiago de Compostela no marco da concentración convocada polo BNG, a través da CIG, con motivo do 25-N.

O BNG, nun día no que debería primar a unidade contra a lacra da violencia de xénero, preferiu afondar na división e polarización.

A concentración, coa escusa de conmemorar o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, só serviu para xerar máis desunión e tensionamento, ademais de violencia. Algo ao que, por outra banda, xa nos ten acostumados o sindicato do independentismo galego e que se enmarca dentro da súa estratexia de axitar a rúa en aras de promover a conflitividade social.

A manifestación saldouse coa coacción e o increpamento a través da violencia verbal a traballadoras do PP de Santiago e mesmo a xornalistas que cubrían o acto ao berro de «cómplices de asasinatos e de acoso machista». Uns feitos que, dada a escalada de violencia, obrigaron á intervención da Policía Nacional.

É curioso que o BNG se concentra diante da sede do PP e insulta a membros do Goberno galego mentres en Madrid apoia a un partido, o PSOE, que creou a lesiva Lei do ‘só si é si’, puxo en perigo as vítimas con pulseiras antimaltrato defectuosas, e cuxos membros fixeron uso da prostitución nos últimos anos.

Consideramos obrigado por parte dos líderes da CIG, así como do BNG e nomeadamente de Ana Pontón, unha condena clara e rotunda e estes feitos. Porque o fin da violencia non se defende con máis violencia.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios