A Fundación Galiza Sempre presenta en #Lugo o seu último caderno da colección 𝗜𝗱𝗲𝗮𝘀 𝗜𝗺𝗽𝗿𝗲𝘀𝗮𝘀, ‘Antimilitarismo na Galiza’, autoría de Bieito Lobeira e Manuel Caride. Este novo monográfico toca aspectos chave da historia do militarismo desde o nacionalismo galego, o papel que xoga o exército español e a resposta que tivo desde o movemento antimilitarista, especialmente no referido ao movemento de obxección de consciencia e a insubmisión.
O acto tivo lugar no Vello Carcere de Lugo e foi presentado pola ex-concelleira, Paz Abraira. Nesta ocasión adicase o texto á loita antimilitarista na Galiza. Elaborase da man de dúas persoas que teñen a cuestión amplamente estudada e poden falar en primeira persoa: Bieito Lobeira e Manuel Caride, militantes nacionalistas, no seu día insubmnisos ao exército español, que xunto a moitos outros, formaron parte dunha loita colectiva. «Aquela loita foi posíbel grazas a un inmenso traballo e un compromiso da militancia, que asumindo grandes sacrificios, estiveron en disposición de dar unha batalla por eles e para que as xeracións futuras non tiveren que pasar polo servizo militar obrigatorio» explicou Paz Abraira. Nun contexto de rearme a nivel mundial sen precedentes desde o final da Guerra Fría, unha análise deste tipo entendemos que é sumamente necesaria para entender a utilidade da loita social, a ausencia de accións que avancen cara un mundo máis desmilitarizado e a necesidade de recuperar a loita antimilitarista.