O alumnado da Universidade Sénior da Coruña aprende a xogar ao xadrez

Un total de 11 estudantes da Universidade Sénior da Coruña asisten, cada martes, de 09:45 a 11:15 horas, na aula -1.1 do Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol, ás clases de xadrez impartidas polo instrutor Mariano Ortega da man do convenio de colaboración existente entre o Círculo Ferrolán de Xadrez e o Concello de Ferrol que ten entre os seus obxectivos achegar esta disciplina ao alumnado de educación infantil e primaria da cidade departamental. 

A Universidade Sénior da Coruña sumouse a esta iniciativa no curso 2024/25 cun total de 10 estudantes. No curso 2025/26 esta cifra elevouse ata os 11, inscribíndose nesta actividade 5 homes e 6 mulleres. Entre os beneficios do xadrez nas persoas maiores están a estimulación cognitiva e a prevención do deterioro mental, a mellora da memoria e da concentración, a regulación emocional e a redución do estrés, así como a mellora na toma de decisións e na súa autonomía.

Comparte éste artículo
No hay comentarios