A CIG-Ensino Lugo convoca asembleas comarcais abertas para preparar as folgas do 16 e 17 de decembro

De cara ás xornadas de folga do 16 e 17 de decembro no ensino público galego, a CIG-Ensino de Lugo vén de convocar unha serie de asembleas comarcais de tarde, abertas a todo o profesorado, co obxectivo de facilitar a participación e a organización colectiva nas mobilizacións.

Nestes encontros informarase das mobilizacións previstas, analizarase a situación actual nos centros e coordinaranse posibles accións previas ás xornadas de folga, co fin de “prender a faísca” e socializar o conflito educativo en cada comarca.

As asembleas previstas son as seguintes:

  • Vilalba3 de decembro, ás 18:30 h, no IES Lois Peña Novo
  • Monforte4 de decembro, ás 18:30 h, no IES Daviña Rei
  • Sarria9 de decembro, ás 18:30 h, no IES Gregorio Fernández
  • Monforte (Lugo): 10 de decembro, ás 18:30 h, no IES Lucus Augusti
  • A Mariña: xoves 4 de decembro, ás 18:30 h, no local da CIG de Burela

Desde a CIG-Ensino Lugo faise un chamamento ao conxunto do profesorado a participar activamente nestas asembleas e a difundir a convocatoria entre as compañeiras e compañeiros dos centros, de cara a reforzar a resposta colectiva nas folgas do 16 e 17 de decembro.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios