Abel Caballero: «Vigo segue sendo un marabilloso plató»: A cidade acolleu 42 rodaxes en 2025, sumando 320 días de traballo

O rexedor de Vigo, Abel Caballero, subliñou que a cidade «segue sendo un marabilloso plató de rodaxe» tras visitar o espazo de gravación da serie televisiva policíaca “Ágata e Lola”. Esta produción, que cualificou de «moi interesante», continuará rodándose na cidade durante cinco ou seis meses máis.

Caballero celebrou que Vigo se teña consolidado como un centro neurálxico audiovisual. No que levamos de 2025, a cidade acolleu un total de 42 rodaxes, que suman 320 días de traballo. Entre estas producións atópanse unha longametraxe, catro series de televisión, sete programas, sete documentais, dúas curtametraxes, dous videoclips e seis anuncios publicitarios.

Segundo o rexedor, esta intensa actividade «significa un nivel importante de valor engadido e de emprego que queda en Vigo«, xa que a maior parte dos profesionais de perfil técnico que participan nas gravacións son da propia cidade. «Vigo avanza en tódalas direccións», concluíu.

Comparte éste artículo
No hay comentarios