A Xunta de Galicia avoga pola minaría moderna en Lugo durante a festa de Santa Bárbara

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado da presidenta provincial do PP, Elena Candia, asistiu hoxe aos actos celebrados na cidade con motivo da festividade de Santa Bárbara, patroa dos enxeñeiros de minas.

Arias salientou o compromiso do Goberno galego cunha minaría “moderna, sostible e segura”, que avance na innovación, na explotación responsable dos minerais críticos e na xeración de valor no territorio.

Agradeceu ademais o labor dos profesionais do sector, “clave para garantir explotacións eficientes, respectuosas coa contorna e con máximas condicións de seguridade”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios