- Os deputados provinciais cren necesario “revisar as bases da convocatoria de axudas” porque esta forma de dirixir Cultura por parte do BNG provoca un elevado número de renuncias por parte das asociacións e perdas do dereito a cobro
- Os atrasos na publicación e tramitación provocan, ademais, que en moitas ocasións as entidades beneficiarias “teñan que renunciar á axuda ao non poder cumprir prazos e compromisos”
- Antonio Ameijide condena “a tardanza na tramitación das axudas ás entidades culturais da provincia, unha tendencia habitual do goberno de PSOE e BNG” que condiciona a organización das actividades dos colectivos: “algunhas asociacións teñen que arriscar e adiantar fondos sen saber se vai resultar beneficiaria da axuda da Deputación de Lugo”
- O popular reclama ao BNG e á deputada de Cultura “que traballe máis e se preocupe menos de intimidar funcionarios da súa área e de que instalacións visitan os deputados do PP”
O PP de Lugo pide axilidade ao goberno provincial de PSOE e BNG na convocatoria, tramitación e resolución das axudas a entidades culturais
No hay comentarios
No hay comentarios