A obra de teatro “A Herencia de Xoana” chega ao Valadouro

O domingo 14 de decembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo en Ferreira do Valadouro, o grupo .de teatro Abrente presenta a súa obra «A Herencia de Xoana»

Esta obra esta inserida na Edición do Circuíto de Teatro Afeccionado organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo – Área de Cultura.

Abrente é unha asociación polifacética que desenvolve a súa actividade entre a música, o baile tradicional e o teatro. O grupo de teatro, formado por veciños e veciñas das Nogais e da súa contorna, leva xa moitos
anos actuando, sacando sorrisos alá onde vai.

Sinopse Ao parecer, Xoana rematou os seus días nunha residencia por non ter ninguén que a puidese coidar. Os seus achegados estiveron máis preocupados pola herencia que pola situación da muller, aínda que houbo de todo nesta familia. O seu fillo e a súa neta son agora os máis apoucados pola recente perda da muller. Mais Xoana deixou preparado un testamento sorpresa para que non se esquezan dela tan axiña.

Comparte éste artículo
No hay comentarios