En coordinación coa dirección federal do PSOE e ante a gravidade das acusacións por presunto acoso coñecidas sobre José Tomé, o Partido Socialista de Galicia quere informar do seguinte:
Tal e como adiantou a secretaria de Organización do PSdeG esta mesma mañá, as informacións sobre presunto acoso sexual en Lugo non só nos producen tristura, senón repugnancia, e xa están sendo investigadas con todas as consecuencias. O Partido Socialista vai chegar ata o final.
Vaia por diante o noso apoio ás vítimas de calquera tipo de conduta machista, como sempre fixemos no noso partido. Todas elas contan co noso afecto, respaldo e solidariedade. Somos o partido que sempre deu pasos fronte á desigualdade, caia quen caia. Tolerancia cero.
Desde hoxe José Tomé xa non ten ningunha vinculación co Partido Socialista. Pediu a súa suspensión de militancia e anunciou a súa dimisión como presidente da Deputación de Lugo, así como o seu abandono inmediato dos grupos socialistas. É o que tiña que facer. É o que debía facer e é o que lle esixiu o partido que fixese, debendo acompañalo coa entrega das súas actas.
Como xa se trasladou onte, non temos coñecemento de ningunha denuncia na canle contra o acoso porque non podemos Telo, ao garantir o anonimato o protocolo que activa o partido. Por iso, neste momento e coa información da que dispoñemos, pedimos respecto para a vítima e confiamos na investigación do Órgano contra o Acoso.
A dirección do Partido Socialista en Galicia ante calquera conduta machista e en calquera contexto sempre tivo e terá a mesma resposta: apoiar ás vítimas e animalas a denunciar.
Precisamente, para facilitar ese dereito e crear un entorno seguro que anime ás vítimas a denunciar, o noso partido habilitou unha canle específica que garante a confidencialidade, a intimidade e o anonimato das mulleres. Unha ferramenta que, ademais, permite ao Órgano contra o Acoso investigar e actuar con todas as garantías e independencia. O Partido Socialista en Galicia proporá agora á Executiva Federal o nomeamento inmediato dunha comisión xestora na provincia de Lugo
Eso de «tolerancia cero» suena bien pero en menos de dos semanas llevamos observando «cinco tolerancias cero» asi que ya pueden ir inventando otro tipo de disculpas ante lo injustificable.
El Sr. Tomé se quedó de alcalde de Monforte y no lo han expulsado del PSOE ni de la política asi que sobran ideas de implementar comisiones de investigación o comisiones gestoras propuestas cuando lo normal es llevarlo al juzgado de instrucción de guardia para que sea un juez quien nos cuente si es culpable o no y le apliquen la Ley .
En Lugo parece razonable que el PSOE contacte con las víctimas y sean ellos quienes les ayuden a llevar al juzgado al Sr. Tomé (si procede).Todo lo demás es proponer el montaje de «chiringuitos internos» para seguir igual.En la Dirección del Partido en Galicia segun lo que conocemos sabían lo que pasaba y no han actuado Tanto Besteiro como Lara Mendez siguen en sus cargos a lo suyo.No apoyan a nadie ni animaron a denunciar.