As Xuventudes Socialistas de Galicia, reunida por segunda vez toda a súa militancia esta semana, consideran que a reflexión e debate de todo o que esta a pasar non pode circunscribirse só ao grupo de igualdade e á CENG: as compañeiras e compañeiros merecen debater este contexto tamén no máximo órgano entre congresos, o Comité Nacional.
Deste xeito, nas próximas horas trasladaranlle á dirección autonómica do PSdeG a necesidade de convocar de xeito “urxente” este órgano para dar “todas as explicacións, de maneira clara e transparente” e así poder “debater, reflexionar e render contas en condicións”.
Dende a organización afirman que no encontro, onde houbo diversidade de opinións sobre a resposta do PSdeG e do PSOE, chegouse a unha serie de conclusións que levan a dita solicitude:
- Non se está a saber xestionar comunicativamente esta crise.
- Existe unha alta confusión debido ás importantes contradicións xeradas pola información cruzada e nesgada dos medios (baixo o interese mediático e movementos internos) e polas sucesivas declaracións oficiais desta semana.
- O latente descoñecemento pola militancia, cadros e cidadanía, dun protocolo que é evidente que non funciona, que confunde anonimato con confidencialidade. E definitivamente, a única forma de castigar o machismo, co acompañamento do partido, é nos tribunais, non nunha canle de denuncias anónimas.
- A ausencia de probas na acusación (feita polo ABC) de obstrución da denuncia. Ademais, dunha explicación máis detallada do que transcorreu nas reunións coa persoa intermediaria da suposta vítima. Se o anonimato limita a actuación dunha dirección, ata que punto pode obrar esta última ou calquera persoa.
Dende a organización consideran que “só nun Comité Nacional poden ser resoltas estas reflexións. A porta pechada, sen o intrusísimo e a manipulación dos medios. Coa verdade enriba da mesa, coas demostracións e probas precisas. Coa esixencia e asunción de responsabilidades debidas de. Coas cartas enriba da mesa”.
“Este é o único modo de afianzar ou perder confianza”, afirman mentres aseguran que o debate “debe levar a facer reflexións profundas, o tempo que sexa necesario”. De non aceptar a petición, buscarán a firma dun terzo das delegadas/os para convocalo “canto antes”.
Deste xeito, a organización xuvenil tamén considera que a dirección federal do PSOE debe render contas, e pediranlle formalmente á dirección de Juventudes Socialistas de España que tomen cartas no asunto para que se convoque un Comité Federal. “O protocolo non funciona, está ben ser a primeira formación en ter un, pero non se non se pode axudar a ninguén”.
“Pedro Sánchez e este Goberno teñen xa suficientes enimigos dentro e fóra de España e dentro e fóra do partido, como para que unha cadea de errores propios nos leve perder o derradeiro bastión de progreso da UE. España e Europa precisan a Pedro Sánchez fronte o que o será a peor onda conservadora en case 100 anos, e aí si que non haberá os dereitos pola igualdade que tanto pelexamos as mulleres”, engadiron.
Para finalizar sentenciaron que “o feminismo é unha loita colectiva, non é propiedade de ninguén. Pero, si é a herdanza histórica que recibimos como socialistas, mulleres e homes, un compromiso que nos define no día a día, é o noso deber que así sega a ser, por quen pelexou antes, e por quen terá que pelexar despois”.