Durante a campaña das eleccións autonómicas dixemos que Galicia funciona e, case dous anos despois, a enquisa que hoxe publica Sondaxe di que os galegos e galegas seguen pensando o mesmo, que a Galicia do PPdeG e Alfonso Rueda funciona.
Somos, con suficiencia, a opción maioritaria, e estamos seguros de que iso é grazas a que o Goberno da Xunta cumpriu a súa palabra desde o primeiro momento e grazas a que puxo e segue poñendo en marcha as medidas comprometidas. Por exemplo, sendo conscientes de que a vivenda é a principal preocupación: por iso xa están en marcha preto de 3.000 vivendas públicas e en 2026 serán 4.000, a cifra comprometida para duplicar o parque público actual da Comunidade.
Está claro que os galegos queren saber o xusto da submisión a Sánchez do PSdeG e do BNG, así como do ‘non a todo’ de ambos partidos.
Por suposto, tamén celebramos que, no caso de celebrarsen unhas eleccións xerais, o PP volvería ter unha ampla maioría, cos mesmos deputados que en 2023, desexando que Alberto Núñez Feijóo sexa pronto o presidente do Goberno de España.