As Xuventudes Socialistas da Coruña amosan o seu total apoio á alcaldesa Inés Rey

Desde Xuventudes Socialistas da Coruña queremos expresar publicamente o noso total apoio á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e ao portavoz municipal, José Manuel Lage, tras as informacións publicadas na xornada de hoxe en distintos medios de comunicación en relación cunha suposta situación de acoso laboral.

A alcaldesa respondeu a estas informacións negando os feitos que se lle atribúen, defendendo con claridade a súa actuación e advertindo do uso espurio dos canais internos, que non foron creados para a confrontación política nin para xerar xuízos mediáticos á marxe de calquera procedemento garantista.

Así mesmo, o PSdeG-PSOE asegurou que non lle consta ningunha denuncia formal presentada a través dos seus mecanismos internos, un feito relevante no contexto das informacións coñecidas hoxe.

Desde Xuventudes Socialistas da Coruña consideramos fundamental subliñar que os canais internos existen para protexer dereitos, garantir confidencialidade e activar procedementos con todas as garantías, non para a súa utilización interesada con fins alleos ao seu obxectivo. Tamén, por suposto, reafirmamos o noso firme compromiso coa loita cotra calquera forma de acoso.

Reiteramos o noso apoio á alcaldesa, ao portavoz e a todo o Goberno municipal, e apelamos ao rigor, á responsabilidade e ao respecto ás garantías e á presunción de inocencia no tratamento desta cuestión.

Comparte éste artículo
No hay comentarios