Reconectar co presente, o agasallo musical da Kv2211 para o Nadal

“A Kv2211 era a crónica dun éxito anunciado, e efectivamente, tantos anos xa operando, tantos anos ensinando música e dando concertos confírmao”. Con estas verbas do alcalde de Vigo, Abel Caballero, iniciouse o Concerto de Nadal da Orquestra Infantil e Xuvenil de VigoKv2211, hoxe no Auditorio Municipal de Vigo.

Ante unha capacidade completo, o rexidor vigués alabou o esforzo dos músicos e músicas da Orquestra xa que algúns comenzaron de cativos e xa están na Universidade, e destacou que “o tempo vai pasando pero o máis marabilloso é que vamos xerando xeneracións de xoves que fan música, que teñen esa capacidade de tocar e transmitir”.

Concerto de Nadal, que forma parte da programación da Orquestra e que conta coa colaboración do Concello de Vigo, comenzou cun Conto de Nadal escrito para esta ocasión por Raquel Fernández, directora da Orquestra Infantil e que contou coa participación do coro de pais, nais e amigos da Kv2211. Narrado por Rafael Portela e Marta Pérez, e con música adaptada de Thomas Tallis e arranxos de panxoliñas tradicionais, constitue unha nova experiencia para os máis cativos. A través do Conto, a Orquestra enviou unha mensaxe sobre a necesidade de reconectar co presente e coas cousas máis sinxelas da vida.

A continuación actuou a Orquestra Xuvenil, baixo a dirección do profesor de Violín Mario Peris, con repertorio baseado en dúas obras pouco habituais no repertorio orquestral. Por unha banda, “un paseo en trineo” de Leopold Mozart e, por outra, un Concerto para Viola e Orquestra de Telemann, un instrumento cun son especial e descoñecido para a maioría do público.

Con este concerto de Nadal, a Orquestra Kv2211 pecha un ano intenso que comenzou no mes de enero co Concerto de Aninovo. En marzo a Orquestra abriu, como xa é tradicional, as festas da Reconquista de Vigo con concerto na Basílica de Santa María de Vigo baixo o título de “Música para unha Reconquista” e o Concerto de Verán no Centro Cultural Emilio Crespo de Navia.

En outubro retomouse a actividade formativa e musical co concerto “Música polas parroquias”, nesta ocasión no Centro Cultural e Recreativo Helios de Bembrive e a actividad en torno ó día de Santa Icía presentou a novidade de actuacións de varios ensembles da Kv2211, mozos e mozas que por primeira vez acercáronse á formacións musicais máis reducidas.

No mes de xaneiro a Kv2211 actuará fora da provincia cun concerto en Monforte de Lemos.

Outro dos feitos a resaltar deste 2025 é o elevado interés e novas adhesión á Kv2211 por parte de músicos moi xoves interesados en tocar en agrupacións e o seu alto compromiso coa Kv2211.

O proxecto Kv2211 xurdiu en 2017 pola vontade de crear unha orquestra de cordas baseada en tres piares: educativo, cultural e social. Na actualidade, a OrquestraKv2211 conta con máis 60 membros con idades comprendidas entre os 7 e os 22 anos, formados en instrumentos de corda, piano e percusión procedentes de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Ponteareas, Mos e Ourense.

Dende a súa constitución, polas fileiras da Kv2211, pasaron máis dun centenar de músicos, moitos deles tocando por primeira vez nunha orquestra, o que lles permitiu, ademais de ampliar a súa formación musical, descubrir a experiencia de tocar en compañía.

Orquestra Kv2211, de carácter formativo, ensaia os sábados pola mañá no Centro Cultural de Beade e conta coa colaboración do Concello de Vigo para o desenvolvemento das súas actividades.

Comparte éste artículo
No hay comentarios