Volvían as camariñanas á senda vitoriosa e non podían facelo de xeito máis contundente, cun triunfo no que brillaba a xove Yara con cinco goles para poñer o peche a este 2025.
E iso que o primeiro gol fíxose agardar, xa rebasados os vinte minutos de xogo e con varias ocasións -algunhas da propia Yara- que non se deran materializado. Unha primeira metade completamente dominada polas azuis, que ían ao tempo de lecer cun claro 5-0, despois do auténtico furacán Yara con catro goles e outro de Laura Paredes. No segundo tempo as visitantes buscaron aproximarse á meta dunha Desirée prácticamente espectadora deste encontro, e conseguirían o premio do gol por medio de Natalia, xa co 6-0 no marcador. Pero foi un breve espellismo porque novamente Yara facía o seu repóker de cinco goles, Paredes completaba un «Hat – Trick» e Aitana marcaba un bonito tanto de forte disparo para que sumaran os tres puntos e se manteñan no podio de cabeza empatadas co Soneira. Á volta das vacacións, dous partidos pendentes antes de que se inicie a segunda volta.