CUAC FM presenta un libro de autoría colectiva para comezar as celebracións do seu 30 aniversario

O libro é posible grazas a un convenio entre a Concellaría de Cultura e Turismo do Concello da Coruña e CUAC. 

A Radio comunitaria da Coruña comeza este martes 30 de decembro as celebracóns do seu trinta aniversario. O primeiro acto será a presentación dun libro de autoría colectiva no salón de actos do Circo de Artesáns ás sete da tarde. A entrada será gratuita e toda persoa que asista levará un exemplar. Cabe sinalar que o aforo do espazo está case completo xa e CUAC comprométese a facer máis presentacións nos vindeiros meses.

A obra titúlase Qué bonitas son as ondas radiofónicas: 30 anos de CUAC FM e foi posible grazas a un convenio entre a Concellaría de Cultura e Turismo do Concello da Coruña e a asociación propietaria da radio, o Colectivo de Uiversitarios Activos.Esta obra coral comeza cun saúdo da alcaldesa Inés Rey que coñeceu a emisora nos seus tempos de estudante de dereiro na Universidade da Coruña.

Tamén intervén o reitor Ricardo Cao xa que a emisora está ubicada no Campus da Zapateira, nunhas instalacións cedidas pola UDC. Ata setenta e sete persoas deixan a súa pegada neste lilbro que amosa a riqueza e a diversidade desta radio coruñesa. Hai algnhas sorpresas de persoas ben coñecidas, tanto a nivel galego como estatal. Cabe citar a Nacho Carretero, autor de Fariña, ou Lucia Veiga, actual Presidenta da Academia Galega do Audiovisual. Pero son moitísimas máis e, especialmente, un radiofonista xa xubilado co que se pecha o libro será unha grande sorpresa para as e os lectores da obra.


O libro será distribuido de xeito gratuito en diversos puntos da cidade que se anunciarán na web de CUAC FM nos vindeiros días. Tamén poderá atoparse nas bibliotecas municipais e da Universidade da Coruña.Durante os seguintes meses, facendo honra do seu apelido de Activos, haberá múltiples actos para festexar estes trinta anos de radio sen ánimo de lucro.

Entre eles, un concerto no Teatro Colón o día exacto que cumple os trinta anos. O venres 27 de marzo coas actuacións de tres artistas que coidan ao máximo cada palabra nas suas cancións. O madrileño Pedro Pastor, fillo e sobriño de famosos autores (Luis Pastor e Pedro Guerra) e que conta con centos de miles de seguidores en todo o planeta e dous artistas locais que fixeron programa na emisora, Silvia Penide e César de Centi. As entradas sairán moi pronto á venda.


Comparte éste artículo
No hay comentarios