Os senadores lucenses indican que “a resposta do Goberno de Sánchez vén a dicir o que xa sabiamos: que se precisa unha orde do xulgado” e, “normalmente, tardan”.
Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- consideran, tras a resposta do Goberno de Sánchez ás preguntas formuladas en relación á okupación dunha vivenda en Xove, que “urxe a tramitación da Proposición de Lei anti-okupación presentada polo Partido Popular, aprobada Senado e que permanece no caixón do Congreso dos Deputados” para dispoñer de ferramentas coas que dotar de seguridade xurídica aos propietarios ante este fenómeno social que “preocupa ás familias e veciños que se senten indefensos”.
O Goberno de España limítase a informar sobre a diferencia entre os delitos recollidos no Código Penal relacionados coa ocupación de inmobles –allanamientode morada ou usurpación de inmobles- e os protocolos de actuación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de acordo ao ordenamento xurídico vixente. No primeiro caso desaloxando de forma inmediata tras presentar a denuncia e no segundo, agardando unha orde de desaloxo previa. “A resposta do Goberno de Sánchez vén a dicir o que xa sabiamos: que se precisa unha orde do xulgado” e, “normalmente, tardan”, inciden.
Os populares reivindican “o dereito dos propietarios” e a necesidade de establecer un marco xurídico que permita o desaloxo exprés en 24 horas, a prohibición de empadroamento en vivendas okupadas ilegalmente e o reforzo da seguridade xurídica tanto para os propietarios como para o mercado do alugueiro que son algunhas das medidas que recolle a coñecida como Lei Antiokupación. Proposta polo Partido Popular, conta coa luz verde do Senado desde febreiro de 2024 -a pesar do voto en contra do PSOE e do BNG- e a súa tramitación atópase paralizada no Congreso dos Deputados, como moitas outras Leis Feijóo”.
Os representantes do PP no Senado recordaron que hai poucos días se aprobaba tamén na Cámara Alta — tamén co voto en contra do PSOE e do BNG — a toma en consideración dunha Proposición de Lei presentada polo Partido Popular para modificar o Código Penal co fin de que o corte das subministracións (auga, luz, gas…) dunha vivenda okupada non sexa considerado delito de coacción. Incluso,“este é o novo criterio xudicial fixado pola Audiencia de Barcelona”.