Celta-Villarreal e Deportivo-Sp. Hortaleza na Copa de España xuvenil

Celta e Deportivo, primeiro e segundo clasificados no grupo I da División de Honor de xuvenís, tiñan garantido xogar como locais a eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa de España da categoría. Logo do sorteo que tivo lugar na sede da RFEF, nas Rozas, o cadro vigués quedou emparellado co Villarreal e o coruñés co Sp. Hortaleza. Olívicos e herculinos son, xunto ao Sp. Gijón e Roces, os representantes do referido grupo na competición do KO:

Villarreal

En canto aos rivais, o Villarreal é un dos catro mellores quintos entre os sete grupos do torneo ligueiro. Asegurou a súa presenza na Copa derrotando por 0-1 ao Talavera de la Reina na xornada que fechaba a primeira volta. Malia todo, os amarelos serán un rival perigoso para os da Madroa, pois só perderon dous partidos no que vai de campaña, contra os primeiros (Levante, por 2-0, e Valencia, por 0-1) e suma doce xornadas consecutivas se coñecer a derrota. O Villarreal fundamenta o seu éxito nun duro sistema defensivo, que lle permitiu rematar oito encontros coa portería a cero.

Sp. Hortaleza

Pola súa banda, o Deportivo enfrontarase ao Sp. Hortaleza en Mabegondo. O conxunto madrileño chega á Copa asegurando a cuarta posición na pasada xornada, cando derrotou por 2-0 ao La Cruz Villanovense, último clasificado do grupo V. Os sportinguistas son un equipo moi coral na consecución dos seus goles. Anotaron 22 e só Petričević, Valadaliso e Catalán salientan minimamente por riba dos seus compañeiros con tres dianas. Certo, que o montenegrino só xogou sete encontros de liga,

Os partidos terán lugar o 17 e/ou o 18 de xaneiro e caso de superar a eliminatoria, o Celta recibiría en oitavos ao vencedor do At. Madrid-Roces e o Deportivo faría o mesmo diante do gañador do cruce entre o Rayo Vallecano e o Arucas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios