Deportivo e At. Madrid veranse as caras en Riazor na próxima semana. O Deportivo non chegaba a oitavos desde hai dez campañas. Faino logo de eliminar ao Sámano, ao Sabadell e, en dezaseisavos de final, ao Mallorca. Pola súa banda, o At. Madrid, un dos catro privilexiados desta competición por xogar a Supercopa de España, estará entre os dezaseis mellores da competición tras superar ao At. Baleares.
Deportivo e At. Madrid son dous campións do torneo, que volverán a enfrontarse no coliseo herculino oito anos e dous meses despois do seu último enfrontamento. Daquela, o 4 de novembro de 2017, o partido decidiuse cun gol obra do “colchonero” Thomas Partey no derradeiro minuto.
Ningún deportivista actual estivo naquel partido, a diferenza de Oblak, Giménez, Koke ou Griezmann, que poderían recuncar no feudo coruñés. Tamén estivo Pablo Simeone, que xa era o inquilino do banco do conxunto branco e vermello.
Volvendo ao propio contexto da competición, a última vez que ambas entidades se cruzaron foi nos oitavos de final da edición 2003/04. Entón, o valor dobre dos goles marcados en campo contrario deron o pase ao cadro atlético. O Deportivo igualara sen goles no Calderón, pero no retorno non foi quen de evitar un gol de Paunović, que acabaría marcando a decisión da eliminatoria. Unha vaselina de Diego Tristán, no treito final do encontro, foi insuficiente para os de Irureta.
A última vez na Copa
XOVES 15/01/2004 (21,00) Campo: RIAZOR (20.000)
R.C.D. LA CORUÑA : 1 ‑ C. AT. MADRID : 1 (0‑0)
COR : Munúa; Scaloni (Héctor 88’), César, Andrade, Capdevila; Munitis, Sergio, Luque (Diego Tristán 73’), Duscher, Fran (Djalminha 58’); Pandiani. Tre. Javier Irureta. (Banco: Molina (g); Mauro Silva).
ATL : Juanma; Gaspar, García Calvo, Lequi, Sergi; Jorge (Ibagaza 60’), Simeone, Paunović (Aguilera 89’), De los Santos, Musampa (Santi 86’); Fernando Torres. Tre. Gregorio Manzano. (Banco: Burgos (g); Toché).
Goles: 0-1 Paunović 65’; 1-1 Diego Tristán 85’.
Árbitro: Mejuto González (Asturias).
Disciplina: CA: Jorge 41’; García Calvo 50’; De los Santos 76’; Pandiani 78’; Lequi 87’; Juanma 90’.