O Racing, nouto mal partido, sumou a terceira derrota consecutiva diante do Athletic B, que o desbanca dos cinco primeiros lugares da táboa. O cadro ferrolán, con moi pouca capacidade ofensiva, tivo mñais problemas logo da segunda amarela a Leal no minuto 55. Pouco despois, Ibai San anotou o único gol do partido e o Racing, lento, impreciso e sen ideas foi incapaz de incomodar ao cadro vasco.
Intensidade discontinua, pouco que narrar
Míchel Alonso volvía ao banco racinguista por terceira vez na historia e o equipo mostrou variacións en relación á época de Pablo López. A primeira, mostrou máis intensidade no primeiro tempo, así creou a primeira ocasión na que Concha chegou forzado ao pase interior de Álvaro, facendo un disparo fácil para Santos. A segunda, dando máis velocidade á circulación de balón e a terceira, apagando esa obsesión permanente a iniciar as xogadas con asociacións cortas desde a propia área, prescindindo do fútbol directo.
En calquera caso, o cambio durou o que durou e o equipo volveu aos vicios de sempre, incluso con problemas para controlar a posesión da pelota.
Desde o minuto un ao 27 non houbo máis ocasións. O Athletic B equilibrou o dominio e creou algunha incerteza nalgún ataque.
Azael, logo dun roubo de Jairo, probou a Santos desde fóra da área. O meta do cadro biscaíño atallou no centro do marco. Á media hora respondeu Lete cun disparo acrobático, desde dentro da área, que non foi a porta.
Non houbo máis até o descanso.
Expulsión de Leal, gol en contra e falta de reacción local
Ibon Sánchez tivo a primeira ocasión do segundo tempo cunha rosca desviada, lanzada desde a frontal da área, cando se cumpría o terceiro minuto. No décimo, o colexiado mostrou o segundo cartón amarelo a Leal logo dunha entrada na que os bilbaínos reclamaron a revisión no monitor.
Concha pasou ao lateral logo da segunda expulsión na campaña do ex do Tarragona. Míchel Alonso reorganizou a defensa incorporando a Mardones,no lugar de Concha, e a Saúl, facendo que Álvaro Ramón ocupara o exterior esquerdo do 1x4x4x1.
O Racing perdeu calquera criterio ofensivo e o Athletic B aproveitouno cun ataque prolongado que acabou cun desmarque de Ibai Sanz na área. O punta atopou un cómodo espazo desde o que axustar un disparo raso ao que non chegou Parera.
Míchel Alonso decidiu xogar con dous puntas incorporando a Escobar, pero o equipo careceu de creatividade ante un opoñente que non tivo problemas para controlar o partido na franxa central.
Na prolongación, de oito minutos, Parera roubou a Hierro o 0-2 e Zalaya, na liña de gol, tamén o salvou ante un disparo de Johaneko.
O Racing continúa sen reaccionar, mostrándose coma un equipo que compite moi mal e de moitas carencias estruturais que non eran só responsabilidade de Pablo López.
Agora, acumula xa tres derrotas consecutivas e acaba de ser apeado dos postos que permiten xogar a fase de ascenso.
Ficha
SÁBADO 10/01/2026 (16,15) Campo: A MALATA (4.945)
RACING C. FERROL : 0 – ATHLETIC C. B : 1 (0‑0)
RAC : Parera; Leal, Edgar, Zalaya, Álvaro Ramón (Escobar 74’); Pascu, Gorostidi (Gelardo 86’), Jairo; Concha (Saúl 59’), Álvaro, Azael (Mardones 59’). Tre. Míchel Alonso. (Banco: César (g); Lucas (g); Chema; Joel Tenreiro).
ATH : Santos; Aldai, Duñabeitia, De Luis, Barandalla; Eder García, Ibon Sánchez, Lete (Guibelalde 59’); Adri Pérez (Johaneko 84’), Ibai Sanz (Hierro 84’), Gift (Huesta 69’). Tre. Jokin Arambarri. (Banco: Gamen (g); Irurita; Ebro; Izagirre).
Goles: 0-1 Ibon Sánchez 73’.
Árbitro: Holgueras Castellanos (Castela e León). Auxiliares: Rodrigo Gonzalo e López Candanedo. 4º árb.: David García Presa.
Disciplina: CA: Lete 34’; Gorostidi 76’; De Luis 87’; Johaneko 89’; Gelardo 89’; Ibon Sánchez 90’ // DA: Leal 32’ e 56’.
Foto: Michel Alonso mantivo a confianza en Azael para o once inicial. © 21noticias.com.