O PP de Monforte volverá a reclamar “máis medidas de seguridade” no paso a nivel do barrio da Florida

A voceira, Katy Varela, lembra que “o noso grupo xa pediu formalmente fai meses ante o Pleno a instalación dunha baliza e de sinais sonoros”.

O PP de Monforte lamenta o atropelo rexistrado no paso a nivel do barrio da Florida na noite deste domingo e reclama “máis seguridade” no paso a nivel do barrio da Florida. A portavoz, Katy Varela, lembra que “o noso grupo xa pediu formalmente fai meses ante o Pleno do Concello que o alcalde instase a Adif adoptar medidas para garantir a seguridade neste punto que ten rexistrado moitos atropelos” e avanza que “volveremos a levalo ao Pleno neste mes”.

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria e, dende o verán, “contabilízanse dous atropelos”. Por iso dende o PP monfortino solicitan a instalación dunha baliza de forma que “non só haxa un peche para vehículos, senón un peche físico para os peóns” e tamén sinais sonoros porque “na actualidade non hai ningún tipo de son de advertencia”.

Varela apunta que “se deben reforzar as medidas para garantir a seguridade dos peóns”; especialmente tendo en conta que “neste barrio vive moita xente maior, nalgúns casos con problemas de visión que lles impide ver se algún tren se aproxima”.

Os populares reclaman “máis atención para a seguridade das persoas en puntos perigosos coma este. É o xusto e tamén o propio para o século XXI” e así o reivindicaremos no vindeiro Pleno municipal”, conclúe.

Comparte éste artículo
No hay comentarios