Recuperarse e sumar: As Miúdas 2 – E.F. Juan Cabrejo 6. Por @DulceCorcu

Mantén a Escola Cabrejo a súa primeira praza pola diferenza de goles co Soneira, con quen empata a puntos nun apretadísima zona alta da clasificación, despois de vencer con autoridade no Miraflores muradán ante unhas Miúdas que pouco antes do tempo de lecer recurtaban distancias e poñían emoción ao encontro.

As camariñanas recuperaban xogadoras e moi cedo Yara abría o marcador, e aumentaban distancias por medio de Aitana e Laura Paredes. 0-3 parecía un resultado cómodo cando ainda non dera finalizado o primeiro tempo, pero unha falta e un erro defensivo permiten a Sofia poñer o 2-3 antes de retirarse a vestiarios. Xa na reanudación, a propia Sofía volve marcar pero en propia meta, o que dá tranquilidade a unhas azuis que despregaban o seu xogo por banda para que novamente Paredes e Aitana rubricasen unha importante vitoria a domicilio. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios