O show de humor de Sergio Alba chega a Silleda

Calquera tempo pasado foi mellor… ou non?


Sergio Alba, presenta o espectáculo de humor «Dous rombos… Pasa para a cama» Un show no que o pasado, estará moi presente.É inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor.Lembraremos entre risas, aquel tempo no que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor.Unha época na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos apenas conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade.


Para asistir a este show retro-activo, soamente precisades gañas de desenchufarvos da rutina dixital, e aceptar o reto de rirnos do noso lado máis analóxico.


A cita, será no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira (Silleda) o sábado 21 de febreiro, a partir das 20.00h. As entradas anticipadas, xa están dispoñibles en Silleda (no Concello, Bar Pukará e Cuppedia Café) e no auditorio de Bandeira a un prezo reducido de 8€.

Comparte éste artículo
No hay comentarios