Guido Guía impulsa un programa de paseos guiados para 2026 xunto a 12 guías de toda Galicia

O proxecto “Descubrindo o Noroeste” arranca con 19 itinerarios confirmados e un modelo de calendario conxunto que se ampliará semanalmente durante todo o ano.

O guía turístico lucense Guido Guía presentou onte o programa “Descubrindo o Noroeste”, un proxecto novidoso no sector das visitas guiadas galegas que reúne a 13 guías profesionais de diferentes territorios para ofrecer unha programación continuada de paseos ao longo de 2026.

Tras anos de colaboracións puntuais entre profesionais, nace agora un calendario conxunto, aberto e en expansión, que permitirá ao público acceder de maneira regular a actividades culturais en múltiples puntos simultaneamente. “Era o momento de dar o salto a algo estable, coordinado e pensado para durar. O obxectivo é que sempre haxa rutas dispoñibles en varios lugares, e que calquera persoa poida reservar con tempo ou improvisar plan unha semana antes”, explica Guido Guía, un dos impulsores do proxecto.

De inicio, o programa arranca con 19 itinerarios confirmados entre febreiro e maio, con grupos reducidos de entre 10 e 30 participantes, segundo características de cada actividade. As reservas xa están abertas e as prazas serán limitadas.

Itinerarios confirmados (febreiro – maio 2026):

  • 1/02 – Rinlo (Ana Pena)
  • 07/02 – Mondoñedo (Ana Pena)
  • 08/02 – Ponferrada (Noelia Correa)
  • 15/02 – Touro (Darío Rey)
  • 21/02 – Vigo (Borja Concheiro)
  • 22/02 – Porriño (Rosa Leiro)
  • 28/02 – Vedra (Hugo Lage)
  • 07/03 – Pontevedra (Cora Velasco)
  • 08/03 – Villafranca del Bierzo (Noelia Correa)
  • 14/03 – Goián (Hugo Lage)
  • 14/03 – Allariz (Fabio Forino)
  • 22/03 – Monteferro (Rosa Leiro)
  • 02/04 – Tui (Hugo Lage)
  • 18/04 – Panxón (Rosa Leiro)
  • 19/04 – A Ramallosa (Rosa Leiro)
  • 26/04 – Santiago de Compostela (Hugo Lage)
  • 16/05 – Vigo (Rosa Leiro)
  • 16/05 – Ourense (Fabio Forino)
  • 17/05 – Nigrán (Rosa Leiro)

O proxecto está formado por 13 profesionais autónomos do sector, que desenvolverán o programa desde diversas plataformas e marcas consolidadas: Visitas Guiadas Buguina Turismo Cultural, Guíame Galicia, Patrimonea, Guía tu día, La Guiana – Rosa Leiro, Rutas Galicia Norte, Guías Bierzo, Manuel Barreiro, VIGO Turístico, Xaime Fernández, Leucoíña Pasea, A Paraxe da Bolboreta e Guido Guía.

As persoas interesadas en obter máis información ou reservar praza poden facelo escribindo ao correo info@paseosguiados.com. Ademais, ao longo das próximas semanas iranse desvelando novos detalles, percorridos e datas.

Sobre “Descubrindo o Noroeste”
Descubrindo o Noroeste é unha iniciativa profesional e colaborativa que promove o turismo cultural, histórico e natural en Galicia e territorios próximos. O seu obxectivo é crear unha oferta estable, diversa e de calidade, en continuo crecemento, que poña en valor o patrimonio do noroeste peninsular.

Comparte éste artículo
No hay comentarios