O PP lucense aposta por “reforzar o coidado aos servidores públicos para mellorar o servizo aos veciños e veciñas”

A presidenta provincial do PP e voceira no Concello de Lugo, Elena Candia, avogou por “coidar a quen nos coida” e afeou que o bipartito de PSOE e BNG “no Concello de Lugo non coidan aos funcionarios e traballadores” de forma que “prexudica o servizo que se presta aos cidadáns”. Así, defendeu “reforzar o coidado aos servidores públicos para mellorar o servizo aos veciños e veciñas”.

A dirixente popular clausurou a conferencia “Necesitamos un nuevo servidor público. La experiencia de Madrid Talento” a cargo do director xeral de planificación de RRHH do Ayuntamiento de Madrid, Antonio Sánchez Díaz, dentro do #EspazoAbertoPopular co que o partido se abre á sociedade lucense.

Candia condenou, unha vez máis, os “incumprimentos” do bipartito municipal cos funcionarios e traballadores municipais: “desistiu sobre a caducidade de 61 prazas das ofertas de emprego público dos anos 2017 a 2022 que non se convocaron nos tres anos que marca a lei”.

A popular explica que “o goberno local nos mentiu durante anos. Cando se lles pedían plantillas mellor dimensionadas escudábanse na Lei Montoro, pero o tempo
sempre pon a cada un no seu sitio e demostrase que non foi a lei, foi a
falta de xestión, planificación e de vontade”.

Así mesmo, lembrou que “desviaron fondos destinados ao persoal municipal”.

NOVO MODELO DE SERVIDOR PÚBLICO E O EXEMPLO DE ‘MADRID TALENTO’

Antonio Sánchez Díaz avogou por “avanzar hacia una Administración Pública adaptada al nuevo contexto global y tecnológico para lograr una versión actual y mejorada  que siga cumpliendo su propósito de servicio a la sociedad”.

Algúns dos retos que citou o director xeral de planificación de RRHH do Ayuntamiento de Madrid no sector público coinciden con algúns dos retos no sector privado e vincúlanse coa vocación, a dixitalización, a comunicación, a capacidade para aprender e adaptarse ou proactividade.

Tamén responsable de ‘Madrid Talento’, Sánchez Díaz puxo este programa como exemplo de experiencia aplicada e práctica de transformación na xestión de persoas no Ayuntamiento de Madrid que supón “un cambio cultural”.

A experiencia transformadora de ‘Madrid Talento’ actúa en catro eixos: a planificación ou organización por competencias e cadro de mando; a atracción a través dunha marca que actúa en redes sociais desde unha comunicación experiencial e humana; a selección a través de procedementos simplificados e orientada ao candidato; e o coidado do empregado ata a súa xubilación a través da formación e o desenvolvemento dunha carreira, a integración e o recoñecemento.

TRAXECTORIA PROFESIONAL

Antonio Sánchez Díaz é funcionario por oposición do Corpo Superior de Administradores Civiles do Estado. Formado en institucións como ICADE, ESADE e IESE, desempeñou diversos postos como director xeral de Coordinación da Administración Periférica del Estado e director xeral da Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado (MUFACE).

Actualmente é director xeral de planificación de RRHH e responsable da iniciativa ‘Madrid Talento’ orientada a atraer talento externo ao Ayuntamiento de Madrid e coidar o talento interno.

Comparte éste artículo
No hay comentarios