A súa estrea en directo será o próximo sábado 31 de xaneiro na sala sirco de Madrid con motivo do Festival Inverfest.
Se Acabó, o novo sinxelo de Alizza, xa está dispoñible en todas as plataformas. Tras o lanzamento dos seus anteriores singles, Candles, Florecer, Azul e Candles, a cantante madrileña volve rachar os moldes e aposta por unha canción con toques máis experimentais que se afastan do publicado ata o de agora. Cunha temática que xira ao redor do cambio climático, Alizza propón un punto de vista catastrófico, cunha humanidade destruída por mor deste mal que estamos a sufrir na actualidade. Con este criterio, a madrileña pon de manifesto o egoísmo e a ignorancia que nos está a levar a esta situación.
Se Acabó nace no proceso de gravación dun dos primeiros temas publicados por Alizza, The Lake. No estudo, saíu encantada coa ponte do tema publicado en 2021, e extraendo eses acordes comezou o proceso compositivo deste novo sinxelo. Desde as harmonías dun dos seus primeiros temas xorde agora o último dos seus singles, no que se xoga con toques experimentais afastados das cancións e estilos ata o de agora publicados pola cantante madrileña.
Este sinxelo ve a luz xunto a un novo videoclip, realizado por Grey Trash, que estará dispoñible apróxima semana. Contrapoñendo catro realidades diferentes que representan os catro elementos naturais, proponse unha viaxe audiovisual con catro escenarios que colapsan baixo catro catástrofes naturais, e a pesar do esforzo por arranxalo, deriva no colapso total da humanidade. Un punto de vista catastrofista que bebe da temática da canción, poñendo de manifesto a reivindicación da artista madrileña ante un problema real e preocupante que ten que afrontar a sociedade actual.
CONCERTO DE PRESENTACIÓN EN MADRID
Este tema sae a escasas semanas do primeiro concerto desta nova etapa musical da artista madrileña, que terá lugar na sala Siroco, como parte do festival Inverfest, o próximo sábado 31 de xaneiro de 2026. As entradas están xa dispoñibles en https://inverfest.com/events/alizza/.
MÁIS SOBRE ALIZZA
Fusionando sons do pop alternativo e R&B contemporáneo xorde a figura de Alizza, unha das voces emerxentes máis prometedoras da escena. Con sensibilidades introspectivas, a artista madrileña constrúe atmosferas envolventes que se complementan con letras intimistas para servir de voz ás novas xeracións. Irrompendo con forza no panorama, Alizza faise oco con producións modernas e traballadas que se afastan do establecido con personalidade.
Tras os seus primeiros sinxelos publicados, nos que traballou man a man na produción dos temas xunto ao seu pai, Pulpul, cantante da banda Ska-P, a artista está a traballar nos seus seguintes traballos, buscando que a personalidade e calidade das súas producións siga afianzando a súa condición como un dos grandes talentos da escena emerxente estatal.