O último avance do seu álbum ‘Disco comarcal’, que se publicará o venres 23 de xaneiro, é un tema power pop con guitarras afiadas e melodías vocais luminosas que aborda cuestións actuais como a crise da vivenda, a ansiedade ou mesmo o turbocapitalismo.
Familia Caamagno lanza ‘Bomba de calor’, o terceiro e último avance do sei novo LP, ‘Disco Comarcal’, álbum que verá a luz o vindeiro 23 de xaneiro. A creación musical, que amosa a solidez compositiva dunha banda que neste 2026 celebra 15 anos sobre os escenarios, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais.
‘Bomba de calor’ é un tema de puro power pop, con guitarras afiadas, melodías vocais luminosas e coros que atrapan desde a primeira escoita. A letra aborda cuestións actuais como a crise da vivenda, a ansiedade ou a procura dunha saída nun mundo asfixiante dominado polo consumo, que non deixa espazo para o amor -ou que nada ten que ver con este-. Familia Caamagno envolve así unha mensaxe crúa cun son vibrante e optimista, e retoma unha crítica da que o quinteto xa dera conta co seu ‘Milagre económico’.
O novo tema de Familia Caamagno -que presentará ‘Disco Comarcal’ o 6 de febreiro na Sala Capitol- acompáñase dun videoclip rodado na Coruña e que dirixe David Silva; e que xa está dispoñible na canle de Youtube do coñecido quinteto de Sigüeiro.
LANZAMENTO ‘BOMBA DE CALOR’ , DE FAMILIA CAAMAGNO
Data: 16 de xaneiro
Enlace escoita sinxelo: https://orcd.co/bombadecalor
Videoclip: https://youtu.be/U_OY-6ZlVSY?si=TDn-YUgPZgbm8WvE
Foto portada: © David Silva