A obra, inicialmente representada o 3 de novembro, realiza un bis logo de que máis de 250 persoas non puideran acceder naquela data ao se completar a capacidade do Teatro Principal media hora antes da súa representación.
A Asociación Cultural e Musical Solfa e a Asociación Cultural O Galo, xunto coa Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, volven representar en Santiago de Compostela ‘Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete’ pequena peza satírica escrita por Castelao publicada orixinalmente na revista Céltiga en 1922.
Malia ser unha actividade que a Federación programa na época do Samaín, na contorna do Día de Defuntos, co obxecto de reivindicar as tradicións populares de sempre que existen no país nesta data, as entidades organizadoras realizan este bis logo de que máis de 250 persoas non puideran acceder naquela data ao se completar a capacidade do Teatro Principal media hora antes da representación.
Lembrar que a posta en escena deste texto forma parte da programación de actividades que a Federación Galiza Cultura, a través do conxunto de entidades que hoxe en día a conforman, realiza desde 2023 dentro do programa destinado á difusión, á dignificación e á popularización da inabarcábel obra de Daniel Castelao.
Esta escenificación en concreto, a cargo de Solfa e o Galo, comezou os seus ensaios en maio de 2025, e faise baixo dirección do creador e actor LuchoPenabade e o elenco está integrado por actores e actrices afeccionados das propias asociacións.
Deste xeito, será nesta vindeira cuarta-mércores, día 28, as 20 horas, no propio Teatro Principal cando as súas táboas acubillen a peza dramática de novo para todas aquelas persoas que quedaron fóra do teatro a primeira vez, así como a aquelas novas que se acheguen.
Esta actividade lévase a cabo grazas ao Programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2026 da Área de Cultura da Deputación da Coruña.