A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado-Paradanta, convoca a tódolos veciños e veciñas das nosos concellos a unha concetración en defensa da Sanidade Pública este sábado 31 en Ponteareas, ás 12:00 da mañá no Centro de Saúde.
Os membros da Plataforma en defensa da Sanidade Pública somos, todas e todos nós usuarios todos do sistema Público de Saúde e queremos denunciar, xunto con tòdolos veciñxs a situación de deterioro paulatino do noso sistema de saúde, evidenciada na atención cada vez máis deficiente nos Centros de Atención Primaria nos nosos concellos, que son a garantía dunha boa atención sanitaria e dunha poboación sá e ben coidada.
A Plataforma ven denunciando este deterioro dende hai máis de catro anos. Pero, como estamos a día de hoxe e por que volvemos concentrarnos? Estes son algúns dos motivos que nos levan a movilizarnos unha vez máis para solicitar medios para os nosos centros de atención primaria.
- Ponteareas: centro de saúde e PAC de referencia da comarca
- Falta continua de médicos centro de saúde. En ningún momento están cubertas as 15 prazas que lle corresponden ao centro.
- Segue a ser difícil solicitar cita para o médico de cabeceira a través da aplicación e-saúde, tendo que solicitar cita mediante chamada telefónica ou presencialmente.
- Baixas e vacacións non cubertas, feito especialmente grave no verán.
- Non cobertura da terceira praza de pediatra.
- Especialmente grave e a falta de medios na unidade de saúde mental. Hai 2 prazas de psquiatra e só unha de psicólogo.
Na atención psiquiátrica a espera é de 7 meses, ademáis hai unha soa praza cuberta de xeito permanente, a segunda das prazas ou non se cubre ou, cando se fai, cambia tan a miúdo de facultativo que é imposible facer un correcto seguimento dos pacientes, moitos deles con medicación prescrita.
A cita para o psicólogo é de máis dun ano, imposible realizar un seguimento dos pacientes.
Nunha comarca con máis de 60.000 habitantes esta dotación tan escasa desta unidade é inasumible. Recordamos que temos asistido a varios casos de suicidio recentemente.
Seguimos cun PAC que atende a máis de 40.000 veciños e veciñas infradotado, con infradotación de facultativos, téndose dado o caso de que unha saída por unha urxencia provoca que centro queda desatendido porque non hai mái médicos.
Contamos con só dúas ambulancias para atención a toda a comarca, feito continuamente denunciado e que segue sen solucionarse.
- Salvaterra de Miño, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Covelo, Crecente, Arbo e A Caniza – centro de saúde e pac de referencia para a Paradanta, non son unha excepción e teñen os mesmos problemas:
- Prazas sen cubrir na práctica totalidade dos centros de saúde, e baixas e vacacións que tampouco se cubren.
- Pediatría: Caso especialmente grave, no que os concellos non contan con ningún pediatra a tempo completo nos centros de saúde e/ou comparten facultativo. Como exemplo, Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo con pediatra compartido un só día á semana. Anos de protestas para seguir tendo unha atención médica dos nosos nenos e nenas deficiente, chegando incluso a non facer as revisóns ou vacinacións periódicas cando procede, feito impensable hai uns anos.
- Esperas para cita do médico de cabeceira de mínimo semana e ata máis dun mes, incluso para unha analítica, axendas pechadas. Salvaterra, cunha poboación de máis de 10.000 habitantes conta con só dúas das cinco prazas cubertas, a situación é tan grave que ata os propios facultativos denunciaron a situación con carteis no centro de saùde.
Estes son os problemas que todos e tódalas veciñas sufrimos a diario nos nosos centros de atención primaria.
A Plataforma leva denunciando estes problemas dende hai máis de 4 anos e esixindo que se doten os centros de saúde dos medios necesarios para a correcta atención dos pacientes, para non rematar enfermando de gravidade por unha falta de atención rápida no médico de familia, ou verse na obriga de acudir ao servizo de urxencias do hospital para poder ser atendidos
Nin a Área Sanitaria de Vigo, nin a Consellería, nin os Concellos, gobernados case unánimemente polo PP atenden ou solucionan estes problemas, denunaciados polos pacientes, polos propios facultativos e por tódadas Plataformas en Defensa da Sanidada que hai por todo o país, iso si, vemos como cada vez se destinan máis recursos a centros de atención sanitaria privada.
Por isto, convocamos nuevamente unha concentración na defensa da Sanidade Pública, especialmente na defensa da dotación de medios para os nosos Centros de Atención Primaria, a nosa porta de entrada ao sistema de saúde, e a garantía dunha boa saúde e, por tanto de calidade de vida.
Esiximos o noso dereito a unha atención sanitaria pública e de calidade, tamén no rural, porque é o noso dereito e pagámola cos nosos impostos.