Este domingo abre o Museo Galego do Entroido en Xinzo

Declaracións Luis Menor Pérez (Presidente da Deputación de Ourense) diante do Museo do Entroido de Xinzo de Limia, acompañado de José González Vázquez (Conselleiro de Emprego), Amador Díaz Penín (Alcalde de Xinzo de Limia) e Iago Fernández Blanco (Arquitectos responsable da obra).

A apertura inicial das instalacións prolongarase ata xuño.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, anunciou que o Museo Galego do do Entroido, situado en Xinzo de Limia, reabrirá este domingo as súas portas coincidindo coas datas desta tradicional celebración, apertura que prolongarase inicialmente ata o mes de xuño.

Luis Menor puxo tamén énfase nunha segunda e máis importante nova relacionada con estas instalacións. Así, adiantou, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e o Concello de Xinzo de Limia están a traballar na redacción dun convenio que permita manter aberto o museo durante todo o ano.

O presidente provincial expresou a súa satisfacción tanto pola apertura temporal como polo froito que vai dar a colaboración interadministativa para que o Museo Galego do Entroido poda ser visitado en calquera momento do ano.

Menor trasladou a súa confianza nunha solución definitiva para un museo “que ben merece o Entroido, como parte da nosa identidade e tradición”, así como Xinzo de Limia por se tratar dunha festa declarada de interese turístico internacional.

Ata o momento, o Museo Galego do Entroido permanecía pechado, acollendo visitas e actividades puntuais, principalmente de colexios, a través da xestión directa do Concello de Xinzo de Limia e da Deputación de Ourense.

Comparte éste artículo
No hay comentarios