O Partido Galeguista reivindica o legado de Castelao no 140 aniversario do seu nacemento

Un ano máis, o Partido Galeguista rendeu tributo ao «rianxeiro máis universal» no acto de homenaxe organizado polo pobo de Rianxo. A delegación galeguista estivo encabezada polo coordinador nacional, Francisco López «Chesqui», acompañado polo compañeiro da agrupación do Grove, José Manuel Otero, e os integrantes da Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa, Ramón Torrado e LuisMi.

Esta participación mantén viva unha tradición que o Partido cumpre de forma ininterrompida dende 1978. Naquel ano, figuras históricas como Ramón Martínez López, Avelino Pousa Antelo, Manolo Beiras, Xaime Illa Couto ou Antón Fraguas —entre outros moitos galeguistas— decidiron refundar o Partido Galeguista: a mesma formación na que militou e presidiu Castelao ata o seu pasamento.

Chesqui na súa locución manifestou: «Os homes e mulleres do PG seguiremos, como fixemos sempre en Rianxo ou en calquera recuncho de Galicia, lembrando e reivindicando a figura do noso «guieiro» e pai da patria: Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao«.

Comparte éste artículo
No hay comentarios