O BNG de Cervantes e chama a mobilizarse  este xoves para denunciar a falla de persoal médico

O BNG de Cervantes convoca a unha concentración diante do centro de saúde de San Román o vindeiro xoves día 5 despois da asemblea celebrado este pasado venres 29 de xaneiro. Á veciñanza de Cervantes quere denunciar a grave perda de atención sanitaria no concello de Cervantes, onde o centro de saúde de San Román ficará con só “un médico e medio”: unha praza cuberta de maneira fixa e outra que será rotativa algúns día á semana. Unha situación especialmente preocupante nun concello que é o corazón dos Ancares e  cunha poboación moi dispersa e con unha idade media moi elevada, que precisa dunha atención sanitaria próxima, estable e continuada.
Nesa asemblea a veciñanza denuncia que o que está a acontecer en Cervantes é un exemplo máis do desmantelamento progresivo da sanidade pública no rural por parte da Xunta do P deixaron de manifesto que non se pode pretender atender un concello con estas características cun persoal médico insuficiente e inestable. A rotación constante impide un seguimento axeitado das doenzas, rompe a relación de confianza coa veciñanza e pon en risco a saúde das persoas maiores.
Esta situación en San Román súmase aos recortes que xa se veñen padecendo no consultorio de Doiras, agravando aínda máis a precariedade da atención sanitaria no concello. Algunhas das persoas que estaban nesa asemblea laiábanse de que  teñen que percorrer quilómetros por estradas complexas para acceder a un médico e queren deixar claro que non son cidadáns de segunda por vivir nos Ancares.


Con esta concentración pideselle á  Consellaría de Sanidade que rectifique de inmediato e  que  cubra as prazas necesarias con persoal estable e garanta unha atención digna e de calidade en Cervantes.


Dende o BNG de Cervantes queren animar a toda á veciñanza do concello e arredores a mobilizarse para defender a sanidade pública é defender a vida no rural.  É o momento de alzar a voz e denunciar o que o PP dende a Conselleira de Sanidade esta a facer con un dos nosos dereitos básicos como é a saúde e hora de  dicir basta aos recortes.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios