Este libro naceu para honrar a memoria de Mary Carmen Presas, amiga, deportivista e exemplo de xenerosidade. Desde 2010 participou activamente en Mételle Un Gol Ó Cancro, sempre disposta a axudar, transformando o deporte en solidariedade. A súa pegada segue viva en cada persoa que a coñeceu.
Presas de Historias, como indica o seu título, é unha colección de relatos sobre deporte e paixón. Historias que nos emocionan, nos fan reflexionar e nos lembran o que nos move. Algunhas son reais, outras imaxinarias, pero todas nacen do mesmo lugar: do compromiso, da amizade e do desexo de facer o ben.
Neste día, tamén queremos lembrar a importancia da prevención, a investigación e os coidados, fundamentais para mellorar a saúde e protexer a vida. Cada pequeno xesto conta, e cada investimento marca a diferenza.
Todo o recadado con este libro destinarase a proxectos oncolóxicos en Galicia, convertendo cada exemplar nun xesto de apoio real para quen máis o necesita.
Escríbeno persoas de distintos percorridos que quixeron aportar a súa voz e as súas historias a esta homenaxe colectiva: Manolete, Fran, Arturo Lezcano, Gabriel Barrós, Javi Torres, Zeltia Regueiro, Xurxo Souto, Bibiana Santiso, Alexandre Centeno, Mónica Martínez, Alfonso Hermida, Lois Novo, Óscar Losada, María Reimóndez, Ana Cermeño, Sole Parral, Alberto Gómez Barros, Pili Neira, Vanessa Castelao, Carlos Ares, Isabel Blanco e Terio Carreira.
📩 Reserva o teu exemplar:
➡️ colabora@metelleungolocancro.com